Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2013

Inquietante e delicioso Samaín

Imagen
Esta é unha mostra das inquietantes receitas que chegaron ao cole o pasado 30 de outubro para celebrar o Samain.    Foron preparadas co mimo e entusiasmo co que sempre nos sorprenden as familias en Abelendo.  Estas monstruosidades son parte da actividade proposta por Dinamización Lingüística que consistiu en elaborar en familia, conxuntamente cos nenos e nenas, unha receita de "temática monstruosa" para que  logo, nas clases   poideran contar como foi ese proceso de elaboración, aos compañeiros e compañeiras. Foi todo un éxito.  Como tamén o foi a mostra na que  moitos "dedos de meigas" intentaron facer desaparecer os "horripilantes platillos" que alí había para delicia de todos nós. Non o conseguiron. Foron os nenos e nenas quenes deron conta deles nunha merenda sen fin