Os nosos contacontos favoritos
Dende hai varios anos vimos organizando na biblioteca esta actividade, coa motivación e entusiasmo de todo o alumnado. Consiste básicamente en que os nenos e nenas, despois de escoller un conto que preparan na casa coa axuda dos seus pais, o contan aos seus compañeiros na biblioteca. Comenzou en E.Infantil e paulatinamente foron incorporándose os distintos ciclos de E.Primaria. Actualmente todos os nenos e nenas do centro son contacontos. Ás veces son os nenos e nenas dun curso os que fan de contacontos para os seus compañeiro, outras, o alumnado dos cursos superiores son os que contan para os cursos máis novos. Ás veces, son as diversas celebracións do cole , como este ano foi o Samain, as que nos proporcionan o motivo para preparar unha sesión de “Contacontos”, como a protagonizada o pasado novembro, por 4º e 6º curso que dramatizaron dous contos de medo para E.Infantil. Ás veces, os contos chegan con relatos creados por eles, axudandose para a súa posta