Entradas

Mostrando entradas de abril, 2013

This is a cuestion?

Imagen

Contos en abril

Imagen
C omo estamos a vivir un mes de contos e aproveitando que a primavera espertou nesta semana tan sinalada na que homenaxeamos aos libros e ós autores, os nenos e nenas de sexto, quinto e cuarto foron padriños lectores dos máis pequenos para disfrutar xuntos da lect ura ao aire libre. Como vedes, n a reportaxe gráfica, a actividade comenzou uns días antes. Amara e Laura, Iván e Diego Os padriños foron visitar aos seus afillados.L evánronlles un pequeno agasallo e se interesaron polos seus gustos literarios; así foi máis doado para eles, a selección do libro que ían ler xuntos. Sara, Kevin e Noa. Mario, Breixo e Eric. Laura, Yerai e Hugo Foron momentos animados e sorprendentes polo cariño e responsabiblidade que mostraron os padriños e a sorpresa e interese dos afillados. Chegou o día .   O s nen os e nenas maiores foron ata E.Infantil , buscar aos seus afillados.  Noa e Hugo.   Saíron, sentaron e comenzou a lectura. Vanesa e Lucas Ramallo Claudia, D

Un abril de contos

Imagen
Neste abril de contos,  recibimos aos alumnos e alumnas do "I.E.S. A Paralaia" que se achegaron ao cole a alimentar a nosa imaxinación cos seus contos; contáronnos unha chea deles. Esper a mos sempre a súa visita con gran espectación e cada ano sorpréndennos polo seu entusiamo e bó facer.   "A ratiña presumida " mantív onos a todos atentísimos,"Un conto cheo de lobos" encantounos como nos gustaron Perdido?, Manu, A vaca que puxo un ovo, A escaleira ....  Grazas e ata o ano !

Abril, contos mil

Imagen
Un estimulante comenzo do mes de abril. "O Carballo con Botas" e os seus amigos estiveron en Abelendo. Esta árbore tan especial da que xa sabemos que o seu froito é a landra, aprendeunos a cociñar a música dos bosques , a música dos contos  para así poder alimentar as nosas emocións e a nosa imaxinación. Trouxo con el aos seus amigos: o trasno Graciano Zoqueiro que coñeceu en Abelendo a unha fada singular, a Peixeiro Martiño, ó que lle preguntamos polas árbores de Broullón, a Caramulo, o xinete das árbores con quen cantamos unha canción que dícía así:  Caramulo, Caramulo que cabaliño maís chulo. Corre, corre polo bosque salta, salta polo río.  Os nenos e as nenas convencerán a un monstro que anda queimando os bosques para que plante árbores e van axudar a Coureliña, a lobiña do Courel a loitar contra o home do saco de lixo que anda estragando os nosos bosques.  Compromet é ronse a Plantarse para non permitir que desapareza ningún bosque para seguir a