Entradas

Mostrando entradas de junio, 2012

Contacontos " A Paralaia"

Imagen
Hoxe, mércores, estiveron con nós os nosos contacontos favoritos. Este agasallo tan esperado puxo o broche final ás actividades realizadas na biblioteca este curso. Alegrounos moito volver ver entre nós, como artistas, a Araceli, Sheila, Tamara , David, Victor e os seus amigos. Grazas, rapaces, pola vosa fantástica actuación. Grazas, rapazas, por facernos vivir momentos cheos de maxia. Grazas, rapaces e rapazas, por encher a nosa biblioteca de contos. Grazas , Estrela e Rosa, por compartir unha experiencia tan enriquecedora.