Entradas

Mostrando entradas de abril, 2012

Abril, mes dos contos

Imagen
Neste mes de abril botamos de menos aos nenos e nenas do I.E.S "A Paralaia" que todos os anos, por estas datas se achegaban a Abelendo para engaiolarnos cos seus contos. A súa visita era un clásico. Dende aquí dámoslles as grazas e animámolos a seguir realizando esta actividade tan motivante e enriquecedora. Eles foron a guía para que nós, nos animáramos tamén, a contar historias. Ó longo deste mes, os nenos e nenas dos cursos máis altos serán contacontos para os máis novos. Exercerán de padriños e madriñas lectores. Temos que dicir que calquera día os nenos e nenas do 1º ciclo,coa experiencia que teñen, nos sorprenden contándolles un conto a todo o 3º ciclo.

O servicio de gardacostas de Galica en Abelendo

Imagen
Esta semana realizamos na nosa biblioteca unha actividade de coñecemento a cerca do salvamento e protección que leva a cabo o servicio de gardacostas de Galicia. Un rescatador, José Durán, explicounos en que consiste o seu traballo e do seus compañeiros de equipo, no servicio de salvamento. Amosounos diferentes instrumentos e utensilios cos que se conta en terra e no aire para protexer e axudar a poboación: fotografías, unha padiola, cartas náuticas, traxe de rescate, dispositivos de visión nocturna, etc. que resultaron moi motivadores para todos nós. Unha visita de marcado carácter didáctico e humanitario que o alumnado disfrutou.