Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2012

Benvida ao cole!

Imagen
Queridos nenos e nenas: Son o voso amigo Dino . Agardo con impaciencia o noso reencontro na biblioteca para iniciar as actividades neste curso 2012- 2013. Teño moitas ganas de vervos por aquí, escollendo os libros que levaredes para ler nas vosas casas e nas vosas aulas.  Ler é toda unha aventura que nos permitirá aprender e disfrutar moito xuntos.  Contáronme q ue os nenos e nenas de 3 anos e de 1º curso están preparando os seus marcaespazos para a súa visita á biblio.   - Nenos e nenas de 2º curso e do 2º e 3º ciclo ! Lembrade que os préstamos no recreo comezan o luns, día un de outubro. Os equipos de axudantes da biblioteca xa están preparados. As mochilas Viaxeiras , pronto estarán en marcha! Este curso espéranvos moitas sorpresas! A biblioteca encherase de personaxes moi entrañables e coñecidos por todos nós; personaxes chegados de todos os lugares do mundo a través da Banda Deseñada. Antes de despedirme quixera pedirvos un favor, animarvos a que fixerades