Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

Á procura dos versos

Imagen
Os nenos e nenas de 3 e 4 anos , organizados en grupos e guiados polos seus padriños e madriñas lectores ,estiveron á procura de versos. Eran versos dunhas adiviñas que estaban agachados no seu patio. Como vedes , atopáronnos axiña A continuación, sempre acompañados polos seus padriños e madriñas, foron levarllos ás súas profes, que agardaban na pista. Montse e Pili colocaronnos nun papel contínuo para poder ler entre todos as adiviñas. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos deron,de contado, coa solución.

Día Mundial da Poesía

Imagen
Un tributo á palabra poética . Nós, celebramos este día tan significativo, proclamado pola UNESCO, cun recital de poesía, na biblioteca, no que participaron todos os cursos; dende 3 anos ata 6º curso de E.Primaria. Recitamos poemas de Ana Mª Fernández, de Rosalía de Castro. Recitamos a Bernardino Graña, a Antonio García Teijeiro. Manuel María, Anisia Miranda, Xoan Neira e Celso Emilio Ferreiro tamén estiveron connosco, neste día tan sinalado.

Actividade na biblioteca

Imagen
O pasado oito de marzo,Día da Muller, contamos coa presenza na nosa biblioteca , de Noelia Pérez Estevez, directora deportiva do Clube de Taekwondo Hebe de Moaña. Os momentos que compartiu con todos nós , foron sorprendentes. Noelia coa súa simpatía e sinxeleza soubo espertar o interese e a curiosidade dos nenos e nenas dende o primeiro momento. Cremos que ela tamén se sentiu moi a gusto entre nós. O alumnado, dende 3 anos ata 6º curso, fíxolle un mar de preguntas interesantísimas sobre a súa carreira deportiva, a súa vida persoal, sobre o deporte de Taekwondo,.. Esta visita,organizada polo departamento de Dinamización Lingüística dentro dunha actividade máis ampla titulada " En feminino" que pretende resaltar a importancia do papel da muller na nosa sociedade e, en concreto o papel da muller galega ao longo do tempo. Nun mural , colocado na entrada principal do colexio están recollidas as biografías de mulleres represenativas ao longo dos séculos. A biografía de Noelia Pére