Entradas

Mostrando entradas de enero, 2012

Avanzamos na expresión escrita

Celebramos o Día da Paz

Imagen
O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Sabías que este día foi declarado por primeira vez en 1964 pola iniciativa do profesor LLorenç Vidal. Este educador e pacifista mallorquí quería, dende a educación, fomentar a tolerancia, a paz, o diálogo e buscar o entendemento entre razas, relixións e culturas. Sabías que neste día conmemórase tamén o falecemento do lider espiritual indio Mahatma Gandhi , asasinado por un fanático o 30 de xaneiro de 1948. Este lider pacifísta loitou pola liberdade e independencia da India. A súa loita foi a resistencia pacífica fronte o goberno colonial inglés. En Abelendo celebraremos este día cunha actividade que titulamos "Parábolas en son de Paz". Son pequenas historias adaptadas e ilustradas polos nenos e nenas de cada un dos cursos do cole. Participación e creatividade elevada ao cubo son as características desta serie de contos que expoñeremos no corredor da planta baixa e que unha vez editados , pasarán a formar pa

Contacontos

Mil cousas poden pasar (II)

Imagen
Os personaxes deste libro de Jacobo Fernández Serrano que resultaron máis graciosos foron: O sarxento Rabindranata , que ten os ollos moi saltóns e un bigote moi largo e peludo que na súa cara da un aspecto moi divertido. O can Romero . Foi a unha pocilga e engordou tanto que foi o primeiro en formar parte dun cocido de can. O porco Isaias . O mellor estudante do colexio.Estudou sete carreiras e convertiuse nun porco listísimo. Ulam-Bator , rei dos osos. Era o oso máis grande e forte de todos pero un día venceulle un coello chamado Mamfredo e convertiuse no rei dos osos. (6º curso)

Os Megatoxos e a espada esperalda

Imagen
Este libro de Anxo Fariña conta a historia de catro amigos chamados Lúa, Ruxe, Ninfa e Faísca que teñen poderes grazas a un toxo mutante. Viaxan ao pasado coa misión de atopalo e así poder curarse. No camiño teñen algúns imprevistos como monstros de pedra que os perseguen, gárgolas voadoras e a espada Esmeralda. Nun mosteiro moi sospeitoso visitan unha biblioteca medieval. Atopan outros viaxeiros do tempo cos que deben loitar. (6º Curso)