Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2011

Os contadores de historias

Imagen
Compartindo cos nenos e nenas de Educación Infantil os contos que preparamos este trimestre con Charo Pita , rematan as sesións deste obradoiro que nos tivo tan entusiasmados e no que, ademáis de vivenciar a diferencia entre ler e contar: Escoitamos contos como "A mazaroca de millo" e "O vendedor de gorras". Pronunciamos, divertidísimos, os tiralinguas tan orixinais cos que Charo nos sorprendía. Aprendimos a saborear as palabras, a enchelas co seu significado, a encollelas, a estiralas... Imitamos a Demóstenes, lendo cun lápiz entre os dentes, a falta de pedras. Coñecimos o valor dos obxectos, a importancia dos xestos, das voces nos contos. Animámonos a invitar aos que nos escoitan a participar con nós dos contos que contamos. Escoitamos o silencio, sorrimos, miramos e comenzamos: Érase unha vez... E, como non, disfrutamos moito dos xogos de expresión corporal, dos exercicios de respiración, do quencemento tan completo que faciamos ao comenzo de cada sesión.