Entradas

Mostrando entradas de 2010

Un mundo de oportunidades

Tardas en durmir?

Postais en familia

Imagen
Como cada ano por estas datas poñemos en marcha a 5ª edición do concurso "POSTAIS EN FAMILIA". Contamos coa vosa colaboración e entusiasmo, como en anos anteriores, para preparar no colexio unha exposición na que os traballos luzan por si mesmos. Gustaríanos que toda a familia participara na súa elaboración; inventando o debuxo, pensando no lema, decorando a postal... Podedes empregar calquera material, calquera técnica ...O importante é que disfrutedes da actividade. Entregaranse 5 premios. Un premio por ciclo para a mellor calidade artística e un único premio para o mellor lema. A DATA LÍMITE PARA ENTREGAR AS POSTAIS É O XOVES, DÍA 9 DE DECEMBRO

Outubro: Mes das bibliotecas escolares

Imagen
Queremos contarvos como estamos a celebrar na biblioteca este mes que, en Abelendo está sendo máis longo, porque andivemos en obras. -Na primeira visita á biblioteca os nenos e nenas de 3 anos coñecimos a Dino e gozamos coa sorpresa que nos tiña preparada: o vídeo de "Corre corre cabaciña". -Recordamos, xogando ao semáforo, o que si,se pode facer na biblioteca. -Usamos os marcaespazos. -Compartimos contos, poesías ... -Celebramos o Samaín, contando contos de medo. -Investigamos sobre os animais... e agardamos impacientes a exposición sobre a arte que pronto se inaugurará.

Os nosos contos favoritos

Imagen
Os nenos e nenas do 1ºCiclo comenzamos neste mes de outubro, na nosa biblioteca, a actividade "Os nosos contos favoritos". Preparamos durante a semana un conto que nos gustase moito para compartilo cos nosos compañeiros e coas nosas profes. O primerio conto titulábase "Casi" e trataba dun neno, Ramón, que lle gustaba moito debuxar, pero os seus debuxos non lle saían perfectos e esto disgustáballe moito. Ao final converteuse en "casi "un artista. Estamos desexando que chegue o próximo xoves para que Yaiza nos conte "Os tres porquiños".

Cantamos?

Galicia confidencial (27/09/2010)

BENVIDA AO COLE

Comenza un novo curso e na bilioteca, todo está preparado para recibirvos. .Catalogamos os novos libros que xa están colocados no espazo de novidades. .Pintamos coa axuda duns formidables pintores o espazo de consulta. .Dino, na súa carta de benvida que xa tedes todos e todas nas aulas, invitounos a sentir a arte en todas as súas manifestacións. .As nenas de sexto curso teñen organizados os grupos de axudantes da biblioteca que se encargan dos préstamos nos recreos. .As Mochilas Viaxeiras están preparadas para saír. Ler é unha aventura que nos permitirá aprender e gozar moito xuntos.

LETRAS GALEGAS 2010

Imagen
O pasado trece de maio visitounos Iván Costa Blanco, profesor de música, recoñecido gaiteiro en toda Galicia. Como sabedes, dende Normalización Lingüística sempre se organiza un encontro coa música tradicional, chegando maio. O ano pasado, acompañounos Xosé Manuel Budiño. Este ano, xa que estamos investigando sobre a Idade Media no noso proxecto da biblioteca, que mellor que Iván Costa para mostrarnos un instrumento medieval que chegou a Galicia polo Camiño de Santiago chamado zanfona. Trátase dun instrumento de corda pero tamén mecánico: ten un teclado. A forma de facelo sonar e dándolle a unha manivela. Vímolo por dentro. Coñecimos as súas partes. Lembrádelas? Aprendimos que os sons de acompañamento; fanse cos bordons. A melodía tócase co teclado. Escoitamos: unha canción medieval, a muiñeira de Ponte Sampaio. Cantamos unha canción da que agora non me lembro. E vós? Tiña que ver cunha saia. Sabemos, tamén, que foi utilizada por músicos cegos para recitar e cantar . Houbo un tempo no

XOGANDO

Letras galegas 2010

Imagen
Dende o colexio de Frian-Teis nos chegou este conto de Uxío Novoneyra. Preme na imaxe.
Para que les? Traballo colaborativo das bibliotecas escolares de Galicia, segundo idea e organización da biblioteca escolar do CEIP Milladoiro de Malpica

OBRADOIRO DE TEATRO

Imagen
Dende fai unhas semanas os nenos de 5º do CEIP Abelendo podemos disfrutar do teatro nun obradoiro con Antón Lamapereira. A verdade é que estamos aprendendo moitas cousas coa intención de levalas á práctica nunha pequena representación dun conto que fixeramos o ano pasado coa profe Xulia, a partires do libro "La selva de los números" de Ricardo Gómez. Comezamos cada sesión con exercicios de relaxación, para tomar conciencia do noso corpo, de cada músculo, de como entra o aire, como respiramos e como se producen os diferentes sons segundo a articulación que poñamos en funcionamento co noso aparello fonatorio. Tamén estamos aprendendo as moitas posibilidades que ten o noso corpo e a cara para facer máscaras e adoitar posturas que nos transforman en animais, árbores, vento….. é algo máxico. Logo practicamos os textos e a dicción, no que máis insiste Antón é na vocalización, para ser quen de transmitir o que queremos e lanzar a voz para que atravese a parede se fai falla. Está re

CONTACONTOS "A PARALAIA"

Imagen
Dende aquí queremos felicitarvos e animarvos a seguir con esta actividade, coa que cada abril, subides dende o instituto para celebrar con nós o Día do Libro Infantil e Xuvenil. É unha actividade da que non queremos prescindir. Gústanos que veñades ao noso cole, porque: Encántanos escoitar contos; todo tipo de contos. Contos como os que este ano nos trouxéchedes: A cebra Camila, O galo Quirico, Que risa de rata! Cocorico! Sodes modelos a imitar, que nos motivan e animan na nosa tarefa. Nós, tamén estamos aprendendo; contamos contos aos nosos compañeiros e compañeiras e nos gustaría chegar a facelo coma vós. A vosa actividade fainos valorar os contos clásicos; como "A ratiña presumida" que non nos cansamos de escoitar." A verdadeira historia de Caperuchiña"que nos sorprendeu gratamente. e ademais, esta é unha ocasión para reencontrarnos con antigos alumnos e alumnas do cole. Neste enlace están todas as fotos.

CHEGANDO ABRIL

Imagen
Como todos os anos , estamos agardando, impacientes, aos rapaces e rapazas do ” IES A Paralaia” que no mes de abril nos visitan para agasallarnos cos contos que nos preparan dende a clase de lingua . Son ex_alumnos e alumnas do noso cole, do cole de Quintela,de Tirán. Dende aquí agradecemos o seu entusiasmo e lles damos a benvida a Abelendo, un ano máis. É a súa, unha visita moi esperada ,coa que iniciamos no cole ás actividades do Día do libro.

PON A PROBA OS TEUS COÑECEMENTOS!

CONTOS PARA OLI

Imagen
Os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo puxéronse á tarefa en resposta á proposta que lles fixo o autor de Leocadio,o león, na súa visita á nosa biblioteca o pasado dezaseis de marzo. Están escribindo moitos contos que lle farán chegar axiña. Tamén os nenos e nenas de E.Infantil, entusiasmados cos contos de Oli, andan cun teléfono móbil chamando ás Once Damas Atrevidas; ata conseguiron falar coa dama que se foi para Bueu e nunca máis volveu. Grazas Oli polo agasallo dos teus contos e por vir compartir con nós a maxia da nosa biblioteca.

INVESTIGANDO SOBRE CASTELOS

Os nenos e nenas de E. Infantil estamos a estudar o proxecto "Castelos, principes e princesas". Para saber que queriamos aprender primeiro tiñamos que expresar o que sabiamos do tema . Algunhas destas expresións foron: Os castelos son moi altos, grandes, poden ser marróns, se se fan moi altos poden caer, teñen unha porta moi grande que pode abrirse ou pecharse, teñen moitísimas ventanas, teñen bandeiras e teñen soldados fóra. Algúns están encantados, os castelos feos teñen fantasmas, nalgúns hai dragóns, están feitos de pedra, de ouro e prata, neles hai tesouros e nalgúns pode haber bruxas, ogros, vampiros e reis malos. Teñen unha princesa e un rei na porta, nalgúns castelos hai princesas guapas, o rei sempre está dentro, a princesa está no alto da torre, hai xoias de princesas, vestidos, ouro e zapatos. Nos castelos fanse banquetes, festas e reunións. Despois as mestras pedíronos que dixeramos o que queriamos aprender: Por que e como se construíron? Que comian e vestían? D