O pasado dia 21 de abril ,dentro das actividades organizadas dende a biblioteca para celebrar o Día Internacional do Libro, visitounos Anxo Fariña. Estivemos superatentos a todo o que nos contou e seguimos ,sen pestanexar,os seus trazos no papel. Falounos dos seus libros. -Debuxounos a súa imaxinación -Xuntos inventamos a historia do lápiz que se levaba fatal coa goma e co afila regular porque ás veces lle daba punta para poder seguir escribindo e outras o facía máis pequeno. -Vímolo transformar a Yoel e a Angela nuns monstros moi peculiares. -Contestou todas as preguntas que lle fixemos. -Recibiu o agasallo que os nenos e nenas de 4º lle tiñan preparado.